CAT, Centro de Artesanía Tradicional. Redeseño de imaxe
Acométese o restyling da imaxe do CAT, un equipamento municipal. Unha argola, unha escuadra, un martelo, algo desas reminiscencias teñen os novos caracteres que compoñen as súas siglas.
Gráfica global que inclúe marca e multitude de aplicacións, desde a rotulación da fachada pasando pola papelería até deseño de actividades, eventos e exposicións. A sede do Centro converteuse tamén en —ademais de sede de conferencias e talleres— exposición permanente, con zonas diferenciadas para cada un dos oficios artesáns, sinalizadas con grandes lonas informativas.
van divulgación cultural