Área arqueolóxica Mamoas de Candeán
En Vigo hai actualmente rexistradas 37 mámoas (túmulos megalíticos), a meirande parte sobre as pequenas mesetas dos montes circundantes, e entre elas salientan as de Candeán, A Madroa, o Alto de San Cosme, o Alto de San Colmado, o Rebullón e Cotogrande. Moitas delas sufriron intensas alteracións e nalgúns casos a súa total destrución e desaparición por diversos motivos, pero principalmente polo descoñecemento da cidadanía sobre o seu valor histórico e cultural. O conxunto funerario de Candeán contaba até hai poucos anos con dezaoito mámoas, pero cinco delas xa foron destruídas. Este proxecto contextualízaas e ponas en valor.
Traballo gráfico que comprende identidade corporativa e aplicacións de papelería —folletos e unidades didácticas—, paneis expositivos e sinalética —elementos direccionais, monólitos verticais, mesas informativas— fabricada en aceiro recuberto con vinilo e madeira tratada.
van divulgación cultural