A memoria do mar

Coa posta en marcha deste proxecto pretendíase, mediante a dixitalización de fondos fotográficos familiares relacionados co mar, rescatar ese patrimonio. Para este propósito, o Museo do Mar de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores, realizou un traballo de campo consistente en visitar vinte e catro confrarías de pescadores das costas galegas, dixitalizando in situ as fotografías cedidas por particulares. Recolléronse preto de 4000 fotografías que poden ser visitadas na páxina web do proxecto.

Gráfica corporativa que comprende identidade, cartaces, unha serie de folletos e postais e a súa adaptación en pezas expositivas. A páxina web foi por conta de Juanjo Seixas. pxc produción e xestión cultural