A grande transformación.

Arte e maxia táctica

Unha coprodución entre MARCO e Frankfurter Kunstverein. O título alude á expresión elixida para describir a promesa de cambio que encarna a maxia. Os artistas desta exposición subliñan esta calidade da maxia como recurso que nos pode axudar a entender o papel do artista como produtor, e o do espectador como participante nun ritual. Nos últimos tempos, a civilización occidental amosou un interese crecente por novos conceptos de espiritualidade e pola capacidade de conseguir o cambio social a través de forzas transcendentais. A cultura occidental actual é un estraño híbrido de base racional —con orixe na Ilustración— e de propostas de loucura espiritual. Ao tempo que convive con forzas reaccionarias, a superstición, o máxico, o oculto, o escuro, mantén viva a posibilidade de cambio e de experimentación.

Adrian Williams, Allen Ruppersberg, Aurélien Froment, Center for Tactical Magic, Claire Fontaine, Eduardo Navarro, Goshka Macuga, Joachim Koester, Joanne Tatham & Tom O’Sullivan, Jonathan Allen, Kerstin Stoll, Maria Loboda, Michele Di Menna, Mike Kelley, Olivia Plender, Ride.1, Roberto Cuoghi
Adaptación da gráfica preexistente ao novo espazo, en Vigo. Convite, sinalética exterior e de salas. marco, museo de arte contemporánea de vigo