Wrong site. Arte y globalización

Dirixida e coordinada por Pedro de Llano, esta publicación achega un nítido punto de vista sobre a inmediatez e o universo xeográfico da casuística accidental. A idea de Wrong Site parte de dúas iniciativas distintas: por un lado, un ciclo de conferencias organizado pola Fundación Luís Seoane e a UIMP no que a análise dos sucesos catastróficos se abordou desde diferentes puntos de vista; e polo outro, unha exposición homónima que finalmente non se realizou, e que tomaba como punto de partida o proxecto elaborado por Paul Virilio para a Fondation Cartier.

Xavier Antich, Xosé Luis Barreiro Rivas, Jesús Carrillo, Luis Castro Nogueira, Félix Duque, Daniel Innerarity, Miwon Kwon, Gerardo Mosquera, Pedro de Llano Neira, Allan Sekula
Deseño e maquetación da publicación, de 275 páxinas. A cuberta e recursos interiores acentuaban o feito da súa proximidade coa catástrofe do Prestige, suceso que vertebraba a proposta de Allan Sekula, realizada in situ aqueles días. fundación luis seoane