75 anos da revista Industrias Pesqueras

Coincidindo co 75 aniversario da revista Industrias Pesqueras tivo lugar no Museo do Mar de Galicia unha exposición que repasou a evolución da pesca neses anos. A publicación, editada desde 1927, consolidouse como a revista líder do sector marítimo-pesqueiro. Ademais, nas súas primeiras décadas de andadura foi moito máis ca unha simple revista sectorial, constituíuse como foco cultural para a cidade, como testemuña o seu valiosísimo arquivo literario, gráfico e até tipográfico, factores estes que se intentaron ordenar e sacar á luz na presente mostra.

Gráfica global que comprende marca, papelería, deseño expositivo e unha publicación tabloide de grandes dimensións e 160 páxinas. Traballo de campo sobre a hemeroteca da publicación para extraer os recursos, ornamentos e grafías que orientaron o traballo. pxc produción e xestión cultural