7+1 Project Rooms
Da man do comisario Gerardo Mosquera conseguiuse xuntar un grupo de oito artistas para levar a cabo un proxecto que é resultado da combinación ou da suma de oito iniciativas individuais. Esta aproximación correspóndese cunha visión actual do comisariado que tende cara a esquemas máis libres e flexibles, e que concibe as exposicións como espazos de eventos non controlados, constituíndo unha reacción diante da excesiva intelectualización das exposicións e da hexemonía impositiva adquirida polos comisarios nos últimos tempos.
Monica Bonvicini, Tania Bruguera, Kendell Geers, Thomas Hirschhorn, Teresa Margolles, Jorge Perianes, Fernando Sánchez Castillo, Young-Hae Chang Heavy IndustriesGráfica expositiva que comprende convite, folla voandeira, sinalética exterior e de salas. marco, museo de arte contemporánea de vigo